Benvidxs á carpeta de actividades de LÍNGUA E LITERATURA GALEGA!

Este CURSO está formado por distintos MÓDULOS nos que atoparedes as distintas tarefas que creamos para acompañar os procesos de aprendizaxe dos/as vosos/as fillos/as. As actividades están organizadas por estes módulos dentro dos cales atoperades distintas propostas. Por exemplo: En COMPRENSIÓN LECTORA podedes atopar agora meso as propostas de «DITADO DE AVENTURA» e «RECEITA DE TORTITAS».

Se tedes alguna dubida con algunha das actividades, podedes deixarnos un comentario debaixo da mesa. Deste xeito, chegaranos un aviso e poderemosvos dar resposta con máis facilidade. Cando as crianzas rematen unha actividade, por favor, recordade subir unha foto da actividade rexistrada (se o rexistro foi en formato papel) ou unha imaxe dalgunha das actividades propostas (no caso de que se trate dunha actividade manipulativa ou de movemento). Deste xeito, podemos dar seguemento ós procesos dende a distancia.

Asemade, se cando entreguedes unha actividade queredes deixarnos un comentario da mesma, podedes facelo (por exemplo: esta actividade interesoulle moito e gustaríalle outra do estilo; ou: esta actividade foi sinxela, precisaríamos algo máis complexo).

Para aquelas propostas que facedes libremente e non corresponden a ningunha das tarefas propostas, habilitamos un módulo específico: MÁIS GALEGO. Aquí podedes facernos chegar imaxes e registros de outras actividades que esteades facendo. Para calquera cousa, estamos a vosa disposición.

Módulos