8. Ciencias Sociais

¡Benvidas a CIENCIAS SOCIAIS!  

Este CURSO está formado por distintos MÓDULOS nos que atoparedes as distintas tarefas que creamos para acompañar os procesos de aprendizaxe dos/as vosos/as fillos/as.

Atoparedes, dentro de cada módulo, distitintas propostas. Un exemplo: En GEOGRAFÍA DE ESPAÑA, atoparedes as propostas de «relieves de España» e «Comunidades Autónomas».  

Se tedes dúbidas, podedes deixarnos un comentario debaixo de cada proposta e nós poderemos resolvela con facilidade. Cando as crianzas rematen unha tarefa, recordade subir unha foto da actividade rexistrada ou do procedemento. É a maneira que temos para facer seguimento ós distintos procesos dende a distancia. 

Calquera necesidade que atopedes ó desenvolver a tarefa, podedes deixarnos un comentario ou contactar con nós polos medios habituais, por exemplo: esta actividade interesoulle gustaríame recibir outra do estilo; ou, resultounos moi sinxela, precisamos algo máis complexo.

O último módulo «MÁIS HISTORIA» é un espazo para vós, para que compartades aqueles intereses relacionados coa historia que non están en ningunha das tarefas propostas.

Módulos